inquEDU. Falemos de educación
“inquEDU. Falemos de educación” pretende ser un evento para compartir inquedanzas, divulgar ideas e fomentar o debate e a reflexión sobre a educación. Trátase dun espazo aberto dirixido a educadoras e educadores, pero tamén a nais e pais.

Sobre o evento
Nesta segunda edición, o venres 25 pola mañá dedicarémolo @s máis nov@s. As asistentes poderán escoitar as charlas de Sandra Touza que participa no proxecto Edumotiva. Ademáis, tamén subirán ao escenario @s gañador@s do concurso ComunicaTedu para compartir a súa experiencia e o seu discurso.
Luis Vallecillo será o presentador de todo o que aconteza este venres pola mañá. Tamén estarán Mark Wiersma e Miguel Mosqueira para interpretar algunas cancións do seu musical futurista “Sira e o Robot“.
O sábado 26 pola tarde escoitaremos as charlas de Laura Lorenzo, María Acaso, Ramón Bermejo e Sandra González que mostrarán novos enfoques, ideas frescas e iniciativas innovadoras.
Con Carlos Pastor e Chema de la Torre poderemos “Aprender por Arte de Maxia“. Un proxecto docente sobre cómo algo pode resultar absolutamente imposible de entender ou totalmente trivial en función dos pasos concretos á hora de transmitilo. Estes magos, enxeñeiros e docentes modelaron cómo se crea, se representa e se explica un xogo de maxia e cómo aplicar o mesmo proceso para transmitir conceptos considerados tradicionalmente “dos máis difíciles” na aula.
Ademais estará con nós Román Rodríguez, para ser entrevistado e remataremos o evento cun show a cargo de Vicente Mohedano.
Horarios
O Sábado 26 empezamos ás 16:30 (recepción desde as 16:00) e remataremos ás 20:30. Faremos unha pausa sobre as 18:00 para un café.
O Venres 25 empezamos ás 11:00 (recepción desde as 10:30) e remataremos ás 14:00.


Inscrición
A asistencia ó evento é gratuita e a inscrición realizase exclusivamente a través do formulario que podes atopar nesta web.
Podes asistir á mañá do Venres, á tarde do Sábado ou aos dous días.
Para calquera información escribenos a info@inquedu.org
Comunicadores
Luis Vallecillo
Compositor, músico e titiriteiro
VICENTE MOHEDANO
"PÉ no PEDAL!. Mobilidade Crítica."
CARLOS PASTOR
"Aprender por arte de maxia"
CHEMA DE LA TORRE
"Aprender por arte de maxia"
LAURA LORENZO
"Porque sin cambios no hay mariposa"
SANDRA GONZÁLEZ
A Vila do Mañá
RAMÓN BERMEJO
Cantante e Profesor de canto
MARÍA ACASO
Educación disruptiva + educación artística